BVG Voltar atrás |
n3acteonausencia.html
Como un Prometeo esqecido
Procuro no ceo desta terra que ferve
As estrelas perdidas da miña matria.
Cabalga lentamente a tristeza
Pola miña espalda esvaida:
É unha araña negra que me araña
Lentamente as entrañas.
Ausencia
Ausencia
A lembranza crepita nos meus ollos afogados
E titilan nun ceo ignoto
Estrelas fuxidías
Que eu non recoñezo.
Ausencia
Ausencia
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |