Chove.
Xa non me podo resistir,
Chove.
e aterréceme a idea de non poder
facelo.
Chove.
Quixera poder seguir, coma sempre, seguir.
Segue
chovendo?
e dame medo que esas gotas que escorregan só sexan o reflexo das
bágoas que embeben estas verbas.
Quero darme
a volta, velas; aínda sendo un reflexo, quero velas, tocalas, sentilas?
e esvarar con elas pola súa mesma aparencia. Percorrer na súa compaña
o teu rostro, recoñecerte, poder atenguerte? aínda co risco de que te
esvaezas.
Pecho os
meus ollos querendo ocultar así os teus. Con todo, segues o teu camiño
cara o abismo do metálico, do caótico. Somérxome no pequeno océano
vertical da habitación e chego ó val do teu nariz.
Acurrúcome
e lembro que existen lugares de paz nos que os brazos deixan de selo
para converterse en ás. Exténdoas e os teus ollos, antes soterrados
saláianme entrecurtados. Búscoos e sei que non sorrín. Descendo da
cunca da túa memoria e morro no abismo do teu iris esquerdo,
pertúrbame o dereito. Quero agarrarme á saba do teu ollar, sobrevivir
aí por sempre, arroupada, oculta?pero esvaro.
Atérrame a
idea de patirme en máis anacos dos que xa son puzzle. De súpeto
sorrís, engaiolándome nas túas noites en vela e redimíndome do
inevitable, perdéndome nas túas sombras.
Crinme
perdida no oasis da túa soedade e tiven medo de esquecerte para sempre.
Tentei fuxir pero foron ás ráfagas dos teus saloucos os que me
depositaron no umbral das túas vontades. Foi entón cando comprendín o
medo que sinten as túas verbas ó seren aloumiñadas pola seda da túa
ferralla.
Lene
movemento para tan estremecedoras consecuencias? Susurráchesme o eco
dos teus silencios e enloquecín. Tanto como para venderme ó alento dos
teus desexos. E de súpeto espertei sostida polas cordas das que eres
monicreque. Articuláchesme ó teu antollo e non me amolou, é máis,
disfrutei. Tentaches acariciarme, pero foi entón cando me deixaches
caer estremecido polo centileo dunha ferida.
E
precipiteime no abismo dos mares máis despiadados, naqueles que por
insondables están anegados polos lindes do imposible.
Soñei que
surcabas a miña memoria na busca do teu recordo. Soñei que afogabas no
meu.
Chovía,
Chove? segue chovendo. Mais agora son as túas bágoas as que percorren
as paisaxes da miña faciana. Esperto. ¿Soño?. Estou. Xamáis
estiveches aquí.
|