Príncipa

Ana María Cibeira

n2anamariacibeiraprincipa.html



Pasa fractura
na casa o máis difícil
encadeamento





Este enxordecer
dunha mesma no vértigo
é a verdade





Átese móbil
causa primeira corda
da orixe sal





A marca poro
non delata ningunha
vea tan estranxeira





Dádiva logo
pura roca cristal
ensombrecido





A rede asoma
cando se afunde toda
finxindo pulmóns





Creada a serpe
vocabular os lazos
indivisibles





Dentro do peixe
respira a flor do pelo
da boneca soa





A chuzos case
docemente prende
á chama o corpo





O líquido aboca
á obriga de crear
intimidade





Cal forte escrita
presa entre sangue
a pel líquida





Ática xudea
responde á escada
abrindo a trenza





Por que antergas non
serven a ficción propia
e a tinta avanza?





Advirta serea
diversos métodos
que contaxian a voz





Que esta torre
atrape o barco perdido
do desexo


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega