A muller que un día quixen

Andrea Núñez Briones

n2andreanunhezamullerqueundiaquixen.html

Podería tocar cada un
dos arpexos do meu piano
ate facer sangrar os dedos,
para busca-lo son perfecto destas palabras.
Podería sorrir sen ganas cando te viese,
e silvar un susurro de Silvio
cando te botase de menos.

Fun esgotando primeiras veces, ate terte en min, e non importa,
porque eu non direi xamáis
o que fan duas mulleres baixo as sabas,
ou sobre elas?
Nin sequera, este pulso taquicárdico que pasado o ordenador non se notará fai que me sinta mais pequena.


Hay que tapa-la boca e abrilos ollos ben.
(isto é o que aprendín despois de amarte)
pero eu, xa asimilei o non dicer o que queres oir, para avivar a tua propia autoestima.
E non son, nin quero ser.
Porque nin sequera fun o que quisen ser e seguramente chegarei a ser, pero, se non chego,
tampoco importa,
agora,
só te escribo porque quero que leas o meu dentro,
e entendas o por qué do meu fora.

Cada día estou mais alá que acá
e isto non sempre é un erro,
as veces,
é o mellor que se pode facer.


(Para que o lobo non fira a nena.)


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega