As veces, preciso chorar
e abrirme de pernas,
para que todos me miren.
O son é tan agresivo
que sinto a dor nas mans.
Coloco unha gadaña no meu muslo,
unha gadaña coma a da miña avoa,
e arrincome todas as escamas
que cairon do peito.
Logo fago hincapié nun xesto
ate que me resuta
Estúpido.
Mais tarde atopo nas meixelas,
unha nena virxe agardando o seu pai,
pero o pai non chega, e a meniña, mentres,
Reza palabrotas,
despaciño,
despaciño,
Sen perde-lo ritmo.
E pensa,
que o suicidio é gratuíto.
Logo,decátase dun susurro de mar
que lle entra polas pernas?
Dende entón,
as veces,
precisa chorar iodo
e abrirse de pernas
para que todos a miren.
|