Aire
que corría polos meus adentros, osíxeno respirado por primeira vez,
momento de gozo no descoñecido. Impresión dun intre máxico e vital
que desbordaba o meu interior facéndoo cada vez máis propio. Os meus
ollos podían chorar, pero no fondo sentían ledicia. As miñas mans,
apertadas contra o asento do metro mostraban unha instantánea
impaciencia por ver de novo o exterior.
Fora o ultimo día de clase, o último día de
sometemento a unha vida monótona e aburrida, o fin de algo que desexaba
dentro de min rematar fai anos. O instituto, os amigos, os profesores,
todo o mundo quedaría esquecido para sempre. Mais iso non era de todo
certo. Gustábame mais pensar que sempre me quedarían os mellores
recordos de todo aquilo, as clases de lingua onde o profesor nos falaba
da vida, así como outras que nos provocaban un pracenteiro soño
matinal. Tamén gustábame crer que a miña presencia nas clases
quedaría marcada na mente dalgún dos meus compañeiros. Quizais,
pensaba, algún día con oitenta anos un avó dígalle o seu neto algo
dunha tola que ía con el en clase.
Pero a verdade e que nese instante o meu cerebro experimentaba un cambio
radical. Eu podía percibir como o mundo se abría as miñas
posibilidades. Estudiar unha carreira, ou non; poñerme a traballar, ou
non; vivir da conta dos meus pais... Non!!!
Liberdade!! Era o que ansiara por riba de todo
durante os anos de colexio. Gustarame compartir a miña educación con
cantidade de persoas das que o 90% aportáranme algo no meu interior,
pero agora precisaba por riba de todo probar as miñas propias ás e
saír do niño cara o descoñecido. Que o aire abanease as plumas da
vida e que a natureza mostrarame o mellor camiño para non caer o chan.
Pero se iso pasaba, diría con orgullo somerxida na tristeza que
intentara buscar o meu lugar nunha sociedade incomprensible e absurda
que cada día, cunha nova guerra, masacre ou catástrofe provocada polos
humanos partía en mil anacos o meu pobre e inexperto corazón. |