Escóitanse as pedras contra o infinito. Percíbese o aire enturbado no
abismo. Pálpase a inquietude no aire.
Ante min, o descoñecido presenta unha aparencia estraña, cativadora,
máxica. Chámame cunha voz suave e cálida, convencéndome de que todo
rematará cando o meu corpo se precipite no bacío.
Toda a vida pasa nuns intres pola mente. Os
momentos tristes, moitos, demasiados. As situacións incómodas,
numerosas, absurdas. Os momentos felices, que se reviven na memoria dos
tempos antes esquecidos e que renacen de novo para mostrarme da nada a
vida que pretendo deixar. Entón o meu subconsciente transpórtame ós
soños non acadados, as cousas que aínda non fixen e que desexo facer,
os sentimentos non experimentados, as emocións que non sentirei xamais.
Unha loita constante entre o malo é o bo de
deixar un mundo que era para min ata fai uns intres insoportábel,
terrorífico, insufríbel. recordo pois constantemente os golpes, a dor
no meus corpo dos golpes do meu home, as humillacións as que xa
debería estar acostumada, os berros, as recriminacións. revivo
novamente unhas bagoas infinitas que cae permanentemente dos meus ollos,
os prantos calados entre as sabas, a dor da traizón máis pura.
E penso que non debería ser o meus corpo o que
caese polo abismo, debería ser outro e non o meus, porque por fin podo
comprender que non son culpábel do acontecido. Non teño a culpa de ser
muller, nacín tal cal son e non podo arrepentirme diso, non son
culpable de ter unha idea propia, de ter unha forte personalidade, as
ideas claras.
pero el si o é. É culpable de non tratarme
como merezo, é culpable de non querer a súa amada, culpable de romper
un corazón en mil anacos. Nefasto personaxe que sorrí fronte a xente,
que me chama cousas bonitas cando está calmado, que alporízase e
convertese na besta que en realidade é.
pero nunca estiven a favor da pena de morte.
penso que nin sequera merecería morrer. Tan só revivir uns 14 anos de
angustia, uns 14 anos de pena e depresión constante, de darse de conta
da barbaridade dos seus actos.
Escoito de novo o son das pedras contra os
fíos do cantil. Podo sentir o aire remexéndose alí abaixo, podo ver
unha morte asegurada.
Pero nacín covarde. Covarde para rebelarme,
covarde para marchar, covarde para seguir vivindo, covarde para morrer,
se é que para iso tamén podo ser covarde. |