Frío

Angarina

n3angarinafrio.html
     Frío, moito frío, non podo moverme e doeme todo. Escoito o son da auga caer polo teito e as paredes abaixo mentras choro. Axuda, preciso axuda. Iso é o que me gustaría berrar pero non podo, estou inmobil, aterrorizada e sigo tendo frío. Clavaseme o aire no corpo coma agullas punzanses, coma se eu fose unha tea que atravesar. Todo esta escuro, a miña mente non pensa con claridade e o único que se me ven a cabeza son os capitulos de Mac Giver os cales, non me sirven de nada. O meu sentido comun abandooume de todo e xa non penso con elocuencia. Fai menos dunha hora non imaxinaría atoparme nesta situacion por nada do mundo. So cavilaba na noite que me esperaria, chea de traballo e soa, sen ninguen que me axudara. Pero agora, desexo volver a eses pensamentos e a miña casa, preciso facelo ou pareceme que me vou volver toda.
     Xa me dicia miña nai que non deberia aceptar traballos arriesgados e menos facer reportaxes de investigacion pero eu, nunca lle fago caso. O son de tódolos animais que hai o meu arredor confundeme. Non sei se é que son gorilas e algun lince de contrabando ou uns cantos raposos. Todos na mesma situacion ca eu e non nos podemos axudar. Pensar que eu viña axudalos a escapar e denunciar os malditos miserables que lles fan isto e agora son outro animal da coleccion pero do que ainda non se decataron.
     Removome no chan húmido e frío e atopo unha especie de obxeto metalico. Palpoo con coidado e decatome de que é unha navalla. Colloa coas dúas mans e a poño diante de min, no meu colo. Non sei que facer con ela, nese intre o meu valor e nulo e non se me ocorre nada. Espero. O son duns pasos chega os meus oidos e poñome nerviosa, histerica, temblame todo e sego pegada a parede. Escoito como se abre unha porta a só uns metros de min e logo mais pasos. Agarro a navalla coas duas mans e ergome a duras penas con moito coidado de non facer ruido. Sei que alguen esta preto de min, sinto como respira, e parece atemorizado. Mais e mais preto sinto a sua presencia, o aire esta revolto e movese de forma estrana. Algo rozame o pe a toda velocidade e me provoca un escalofrío. Enton sen decatarme a miña man se desplaza para diante e clava a navalla en algo. Un berro sordo invade a habitacion e o corpo de algo cae o chan. Silencio os animais xa non se moven, calados, esperan algo.
     Acercome as xaulas e intento abrilas, pero eles seguen sen producir un só son. Calados, esperan. Saben o que vai pasar e iso asústalles. Coñecen todo debido o instinto que a min me falta. Teñen medo pero non poden falar, sábeno. Mentras palpo o meu redor un coitelo crávaseme na gorxa. O frío desaparece e comezo a marearme. O corpo non me funciona e perdo o equilibrio. A vista se me nubla pero xa non me doe nada agas a gorxa. Sinto coma se tivera nela atrancada unha espiña de pescado. Xa non teño medo por min, asimilo o ocurrido e caio o chan. Agora está quente, é comodo e confortable. Sintome ben e cerro os ollos. De lonxe sinto unha risa e os berros de novo dos animais da habitacion. Agora xa non escoito nada. Nin vexo. Teño sede e non sinto o corpo. Algo me despraza polo espacio e me leva a algures. Escoito de supeto unhas palabras: ¡Sila, Sila, Sila!. Collenme do brazo e zarandeanme, os meus ollos volven ver e estou en clase, a miña titora esta diante de min berrando o meu nome. Eu quero escusarme pero ela non fai mais que berrar. Cando cansa de facelo vaise a sentar e atopo diante de min un libro: Historia de una redactora. ¡ Un libro!- exclamo eu. Todos miranme e empezan a rir. Gañeime un castigo e sentin a morte, por un libro. ¡Incrible!


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega