Serxio sempre quixo viaxar a tódalas zonas do planeta. Dáballe igual
ir só que acompañado, pero el o que queria era viaxar e ver a xente
doutros lugares. Non lle interesaba falar con eles nin coñecelos, so
desexaba debuxalos.
Dende que era un raparigo encantáralle debuxar
tódalas cousas que obseraba. Tiña un talento espectacular co lapiz e
nunca se lle escapaba nada. Un día, sentado nun banco no medio do
parque, quedou mirando a un vello que estaba xusto diante del. Quedouse
un intre a observalo cando os seus movementos parecéronlle do mais
fermosos, e colleu a costume e o gusto de debuxar figuras humanas.
Pero o que máis lle gustaba debuxar era ós
pobres. Sempre que se atopaba cunha persoa sen fogar no medio da rúa
entablaba unha conversa e ó final a debuxaba. O seu pai, que era un
militar que tiña que coidar a súa imaxa, ameazaba a Serxio con botalo
da casa cada vez que o vía con xente pobre.Con frecuencia dirixíase ó
parque sen que o seu pai se enterara e debuxaba toda clase de persoas:
vellos, novos, nenos; calquera lle servía. Pero el ía buscando a
persoas que tiveran unha mirada triste, un pasado que reflexar no papel.
Non lle interesaban as persoas que querían deixar ver que eran ricos,
queria que o miralo, lle pedisen axuda e maldicisen o mundo que lles
tocaba vivir.
A súa obsesión por debuxar persoas pobres ou
sinxelamente persoas interesantes coma el dicía viña de moi pequeno.
Un día, mentras vía a television, veu a imaxe dun rapaz, duns dezasete
anos, sentado nun portal. Estaba vestido, se se lle pode chamar asi,
cuns pantalóns furados e unha camisa de cadros moi vella. A súa mirada
era triste e desesperanzadora. Cando Serxio veuno, unha sensación nova
invadiuno por dentro. O desexo de levar os ollos da xente ignorante coma
el, esa pobreza medrou no seu interior.
Cando xa tiña vinteún anos dispuxo tomar
unhas vacacións. Colleu unha mochila e foise polo mundo adiante. Pasou
por moitas cidades, metíase nos mais absolutos suburbios e debuxaba a
calquera que se estivese un pouquiño quieto. Pero, el buscaba algo que
non daba atopado por mais que quixera. Debuxaba e debuxaba pero non
atopaba esa imaxen impactante que levar o papel para trasmitirlle á
xente e que ésta se dera conta da realidade do asunto. Que os ricos
decatáranse de que había xente que os estaba a pasar realmente mal e
que precisaban axuda, que precisaban que a sociedade cambiase.
Xa desistira da sua busqueda e dispoñíase a
marchar para casa. Andaba por unha rúa dun dos moitos lugares que
visitara, disposto a ir o hotel e a olvidar aquela derrota. De supeto,
un home loiro duns corenta anos acercouselle. ?Sei o que buscas? dixolle
mirandoo directamente ós ollos, ?ven conmigo, ensinareite o que queres
ver, se me axudas cunhas moedas.? O principio non estaba seguro se
fiarse dese tipo pero era, tal cual un pobre mendigo desamparado e,
ainda que non aceptase a proposta daríalle esas moedas. O seu desexo
por transmitir o mundo a realidade era tan grande que aceptou. O home
conduciuno a unha rúa estreita, situada o seu caron, pero da que nin se
decatara. Alí atopábase a miseria absuluta. Unhas vinte persoas
estaban a ambos lados. Uns estaban no chan case mortos e moi débiles e
outros apoiados na parede mirando para o ceo cos ollos medio abertos.
Ían moi porcos e ulian fatal. Serxio quedou perplexo o darse conta de
que atopara o sitio que andaba a buscar. Deulle todo o que levaba o home
coa condicion de que repartise cos demais, o cal, dudo que fixera, e
situouse nunha esquina para debuxar. Fixo retratos de todos os que ali
convivían. Cando a súa labor rematou foise dirixiuse á casa. Cando
ía no avion de regreso, moi contento, e cos seus debuxos entre os
brazos, este, caeu o mar. Estrelouse en pleno Océano Pacífico sen
ningun supervivinte. Alí, naquelas augas, quedou a esperanza desas
persoas que Serxio vira. Os debuxos esvaecéronse na profundidade e a
porta a un mundo mellor se pechou. Dudo que alguen poda amañalo agora,
a destruccion de todo está preto porque Serxio era único. |