Apoloxía do sincerismo

As palabras falan soas

n2aspalabrasfalansoasapoloxiadosincerismo.html

Movimentos nacionais de alevosía
truncan o grandilocuente discurso
chave da fronte enigmática
nai destes triunfantes actos

Vivindo co dobre rostro,
co que non perder detalle
da pragmática e cruente falsidade,
celebrando o alzamento persoal.

Círculos de virulentos persoaxes
fascinados coas vosas novelas
persiguen o fraticida rastro
lustroso coma esvaradizo.

Bagaxe de sensacións intensas,
agochadas en clandestinas conversas,
fundacionais de presentes rencores
en contra do voso despotismo promulgador.

Inefables fazañas e contos,
lecccións a seguir polos pobres
individuos pola sementeira
arrodeada de veristas epidemias.

Sempre suxeitados pola mentira,
engrandecendo o forzexeo moral
vertente da debilidade colectiva
das que esqueceron o seu rumbo

Para vós o lume ardendo,
para eles o camiño aberto,
mitos do inxusto destiño
conducidos polas diferenzas aparentes.

Matriz das politécnicas artes
do máis agudo convencemento
pretendedes vencer esta batalla
carente de ningún inimigo.

Paralelas enganos,
inspiran o meditabundo espirito
da escalada sen arnés
por esta montaña irrematada

E ben sei que sempre as houbo,
bos, malos, ricos e pobres,
máis os meus plantexamentos
non procuraban esta enorme diferenza.

De nada sirve falar,
os actos posúen esa capacidade
sempre da vosa man,
cambiante da meridional verdade.

A onomastia da cosa brigada,
dende os tempos novos
dos que eu padezo
asoballado por frouxas decisión.

Aboiaran os vosos cadaleitos,
na incogluencia marítmia,
cando pretendíades fuxir
da cotidianidade establecida.

Arruinados na fortuna evolutiva
os nosos ecuánimes sentimentos
racionalizaron a xustiza da palabra
procurando a veracidade dos feitos.

1, 2 ou 3 caeran presos impersonalidade
educados baixo a falsa efersvencencia mental
pensando na popularidade social,
inimiga de prometedores futuros.

Así as mentes dos parvos van medrando,
mentres pasades o ecuador da imaxinación,
temendo a cognosticiva verdade
utilizades a mentira

E nunha cova sen saída
cegos pola procura da felicidade
coexistides coa lembranza
do voso coeficiente dogmático

Relativo a captura de cebos
cos que manter o voso xogo
cercano a derrota final

(uns e outros... non os mesmos)


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega