Irreverente toque de luminosidade,
empapado cun brando algodón,
mentindo sobre o noso clima,
discípulo da desexada humidade.
Auga, si so Auga, nesta terra,
valada pola isolación central
afastada dos procesos de
innovación física
Con ferros tentannos invadir,
ignorando a nai natureza
maldita fonte de catastrofes
grazas ó noso desdén
vomitando toda a súa furia
nacente da borracheira evolutiva
que estamos a padecer.
Pretendemos ir cara algures
sen saber de onde vimos
so baseandonos en "chips"
sen decatarnos do uso da razón.
As marathons cambiaron de escena
xa non son os superhomes os protagonistas
son genocidas de "pelo en peito"
que deben tomar metralla no xantar.
Xa difuminan con excavadoras,
e demáis omnívoras máquinas
vestixios das nosas tradizóns
pan dos nosos devanceiros.
Os xenerais da cobiza
procuran hermetizar a nosa fauna flora...
convertindo o pasto en cemento
co fin de exaltar a gasificación do noso entorno
Mentres algúns procuran medrar
a base de intelecto,
outros remexen na terra remexida
na procura de ouro inmobiliario.
Inducidos pola fraqueza expansionista
devoramos especies, sustento,
atropelando a nosa ascendencia.
Fillos da obscenidade transformista
arremetede contra as vosas propiedades
e non convirtades a nosa "indíxena" beleza
en pantagruelicos vertedoiros
(...)
Verde, frondoso, agreste, histórico, human, alimento, primario,
anti-arquitectonico, infantil, xuvenil, senil, intocable, orixinal,
inefable, espiritual,
(so un bosque)
Prescindible, mosntruoso, anti-natural, industrializado, holocausto
urbanistico, desafio ambiental, ruina paradoxica, substitutorio pola un da
súa estirpe máis acondicionado
(so un rañaceos)
|