Requiem
Recordo a túa 1ª visita,
entraches sen petar no meu corazón,
limpando os teus sentimentos
contra a miña compaixón fraternal
Viviamos somerxidos, mais sempre preparados
para esas longas viaxes o irreal paraíso,
do cal eramos arquitectos
recuperando nun suspiro.
todos os efectos dun día no "marabilloso" 1º mundo.
Melanconlízandoonos, fomonos condenando
ó suicidio emocional, propio de 2 galáns
sen mozas as que conquistar,
grazas os sempre eficientes dictadores de luva branca.
O profundo lamento da distancia
emigra polas miñas veas
queimandome na súa ilegalidade
drogandome orgao a orgao,
sucumbindome o seu poder.
Agora nunha copa de Likor Kafé
contemplo a miña cotiá imaxe,
sendo as bágoas fieis donas do meu contorno,
erosionado pola contaminación espiritual.
Esos vivos ritmos de Ska
que enriquecían as nosas pasaxes,
xunguindonos nunha revoluciíon mental,
son agora terroríficas melodías
so un escaparate máis do frío arume,
sumnistro vital, da miña ferida ialma.
Un día perdinte, non dixeches Adeus,
un último bico envelenado de tenrura
degolou a miña tépeda gorxa,
nun último sopro da túa rebeldía.
-Mellor baixo o agoiro do Patrón-dixeches,
alí quedei morrendo ó mencer,
agardando a apocalíptica "mañanciña",
onde mornos cafés, reunían batallas,
agora so será un trampolín cara a escravitude.
Ben sabido era que nas miñas receitas
figurabas como un enagasnoso ingrediente,
bo como amargo, bo como doce,
nese "menu do día", chamado destiño,
todo cun toque sazonado polo seu sorriso,
sempre no punto, cultivado tras moitas feridas.
Moitas oportunidades
bateron contras as nosas fronteiras,
rexeintadonos, camiños bifurcados
cara lugares máis quedos.
Bicos roubados mesturados con linguas atormentadas
polo cansancio, nin un respiro para os nosos corpos,
sempre dispostos para o innegociable pracer,
saciando os nosos desexos máis profundos,
agora...:
Náufragos no inxusto sistema que tanto detestabamos.
Como enfermos do VIH
somos detestados polo gobernante,
seguimos atragantado o proceso uniformista,
todos continúan a mirar o noso futuro,
preto de rexias celdas.
S.O.S, AXUDA!, Mais faremolo sos.
Sempre demasiada obsesión por atoparte,
sempre demasiada obsesión por comprenderte,
a xustiza fixo as maletas, abandonou o caso,
rematei sen tí, a miña mellor historia.
Os meus ollos fican agora na Beirarrúa,
sen outra motivación, que a de non ollar
para non ser feridos por outros coma dos que un día caín.
Belos, loitadores, predestinados o caos,
ollos proletarios, acumulando dor en cada vista,
tornaron a miña forma de actuar,
sendo o meu alimento sempre en poucas doses
ata que ficaron cansos de min,
e eu escravo deles.
Non obxectei resistencia , non captaba o seu engano,
doce, corrupto, acompañados por eses beizos
desexados coma os 18 anos,
rubián polo meu corazón, mentras xogaban as agachadas.
Aquela moza, querela facer túa e non podes,
e dislle: Por mi púdrete, non volvas.
Dous minutos despois colles o móbil,
cravas outro puñal na túa espalda,
recuperandoa, con pesadas consecuencias.
Meu placer infinito, preciso rehabilitación,
sabes que de aquí a un tempo serei....
Estes versos comezan a estar escritos con sangue,
din que chorar non é de homes, pois non serei tal
pero sempre serei teu, e poucas veces
tan meu coma hoxe.
("Recordas?, a miña man na túa perna, con cara de cometer un pecado, e ti
xa coa túa lingua tentando agarimar a miña gorxa, eramos como dous nenos,
mais eu nunca deixaba de aprender, desa neniña que reducía o meu mundo a
ela, sabendo que algun día se fartaría dese indecente aprendiz, que nunca
asmilou o aprendido")
|