Habitaba un michiño o carón dunha igrexa,
entre táboas dunha casoupa abandoada. Debido que o gato o ser tan negro
e a xente tan supersticiosa huían de él, nen sequera os outros michos
se acercaban a él, nin os cans o perseguían simplemente estaba só
entre a oscuridade e nebrura da noite.Tantas noites absorto na soidade
que entablou amistade cas campás e cando repinicaban o dar as doce
escoitabase o gato maullar, pasaron os anos e tódalas noites chovese ou
tronara o gato facíalle o coro a doce melodía nocturnada súa amiga a
campá. Unha noite o micho subeu o campanario para poder ver a súa
amiga máis preto e nunca se imaxinara o que vería dende alí; tan
pouco os seus pés e tanta fermosidade por enriba da súa cabeza, a
beleza dos astros o engatusaran e ante o poder que tiñan aquelas
grandes e fermosas estrelas relucintes sobre él, xamais puido baixar do
campanario porque aquela beleza o atrapara como quen atrapa un ave nunha
xaula. Pouco tempo debeu pasar até que finou o micho. Non se volveu
escoitar maullar un gato na aldea, nin unha campá. Outra campá toca os
poucos metros o funeral dos dous amigos. |