As raiolas do sol iluminaban a unha rapaza
deitada, loira e branquiña, envolta en cheiros de perfumes caros de
corentonas e traxes mais zapatos novos (a súa roupa tamén); envolta en
sons de diversos prantos: miúdos, falsos, escandalosos ou un pranto
miúdo dunha meniña agochada debaixo dunha mesa (ninguén reparara
nela). Un sabor ácedo. Tacto a liso.
Un home está sentado a súa beira, chorando
por ela, ¿¿ou é ela a que chora por el??
A rapaza ergueuse coma quen esperta dun soño
prácedo, a xente mirou para ela coma quen ve unha pantasma. O home
detén o seu pranto e mira para a rapaza cos ollos húmidos sen poder
pronunciar verba calquera. Ela ollando o ocorrido comprendeu o que
acontecía, entristecida mirou para toda a xente. Sorriu a nena (ela
devolveulle o sorriso acompañado dunha bágoa) e dixo:
Perdoade, esquecín que estaba morta e
meteuse de novo na caixa fúnebre. |