BVG Voltar atrás |
n2brancalualuaresquecido.html
Aquel bico escondeuse no esquecemento
a luxuría ficou aborrecida
(coma unha tarde de domingo)
o lume convertiuse en terra húmida,
¡sacha na leira!
A túa carta segue agardando no andel
vixiando os meus movementos,
agardando a súa resposta
(non respondo a mentiras nin a mentireiros)
Segues buscando a rima perfecta
(eu escribote sen rima)
marchas a brincar cas abellas,
¡elas non te dan leira que sachar...!
esquecéchelo todo,
caricias, mimos, susurros, os bicos,
o luar ficou esquecido,
meu rei.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |