Corpo neno
Cando a dor me peta
O neno que hai en min
agachase no berce
duna falsa ledicia
ainda asi a dor
segue o seu camiño... cheirenta
magoandome o peito
coma o bater percusivo
nun pandeiro
ise tam tam que o soar
desperta os ancestrosos dores
das tusa poutas
no meu corpo neno.
Dubidaba
entre arincarte do fondo
ou sembrares contigo unha arbore
no asfalto
das cidades
se non medrase tanto o rencor
poderiasme dar froitos,
e frores
para alo menos... o morrer
levar algo na caixa
Boume afastar do mundo
do ruido, do noxo
do asfalto e de ti
Boume arranxar o reloxo
que rompiches un dia
e que xa non late coma sempre
Boume alonxar da senté; dos pais
e dos recordos por ver se no vacio atopo
unha sombra que me de descanso
Boume, e se poidera nomear as
veces que xa fixen iso...
Boume ir onda non me delate,
onda non me alcontre.
Sentir... sinto
ainda que de min nada nace
Xa
Sorir... sorio
ainda que a penura enche mais
negrura que o fondo da gorxa
Chorar... non choro
ainda que houbera bagoas ninguen
vaime entender a ialma.
Corredor de Lavapies
Latexo
e na parranda do meu cuarto
amosaseme o retrato dos pais
Limpo, embruxo o tempo
para non perderes os recordos sen ti.
Tremo nun balcon de Lavapies
coma un guaje sen lambetadas
e percuro lembranzas que me leven
os brazos paternos
Meu papaiño!
Agora sei xa
que non podo fuxir
|