BVG Voltar atrás |
n2carambelodemos.html
Á luz dunha candea
( .
.
. )f u m e,
negro - TUPIDO - espeso
a l ó n g a s e
l o n x í n c u o
e veloz!
polas poucas, poucas partículas de luz
que fican
na esteira
da
lembranza.
<<MILLÓNS DE BIODIVERSIDADES VIVEN MOI PRETO DE NÓS, AQUÍ: ABANDOADA, NESTA ESQUINA IMPUNE, DESTINADA Á REPUGNA INCONMENSURABLE DESTA NOITE DE ESPERPENTO>>
sigo querendo facer cousas que non finxo
na carne apodrecida
mentiras que non pesan,
persoas que marchan.
xa non importa
medio-ser
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |