O meu can

Castedo

n2brivesfranciscoboume.html

O MEU CAN
Choraba o meu can
quería ser home
xa que estaba farto
de comer nun pote,
de andar nu mundo
facendo de pobre.
Choraba o meu can
quería ser home,
el tíñalle envexa
a tódolos homes.
de ver como eles
andaban en coche.
de non comer a mesa
nin beber licores,
non durmir quentiño
con mantas de flores.
Choraba o meu can
quería ser home
de ser el un máis
e xogar a bola.
El tennos envexa
el non viste a moda,
el non ten os cartos
el non vai a escola.
E tenlle manía
o demo das rodas
xa que non soporta
que elas din voltas.
Non chores meu can
ti non nos coñeces
hai moitas cousiñas,
que non as padeces.
E se Deus te puxo
de can nesta vida,
non renegues dela
sácalle partida.
Ti non tes traballo
nin compras comida,
non che costa cartos
lavar a camisa,
pagar os impostos
e ir sempre axiña.
Faime caso can
non teñas cobiza.
 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega