Salta, baila, grita
enxalza a túa vitalidade
mostra as ansias de vida
proclama a liberdade.
Dille ó vento da noite
que nunca serás una máis
a forza reside na mente
teu alento, a tenacidade.
Cóntalle á morte ó oído
que por sempre terá que esperarte
a vida será a túa mentira
túa morte, a miña verdade.
Engánote cando te animo
inxúriasme con que te vas
un ventre respira de alivio
as entrañas cospen maldade.
Túas mans seguen no meu leito
a túa boca rela no meu mar
teus senos acollen os meus soños
e os teus ollos...
teus ollos...
impídenme morrer e chorar.
|