¿Qué
queres de min? ¿Qué agardas dos meus soños? ¿Tan necesario son para
a túa existencia? Equivócaste. Só trato de que comprendas que non te
preciso, que es independente, que podo vivir sen ti. No meu camiño, non
hai ningunha pedra que non poidas saltar sen a túa axuda, non hai
problema que non poida solucionar sen a miña colaboración, que podo
conseguir a calquera rapaza sen o teu encanto, sen o meu maldito
encanto, que tanto te envexo. E estou farto de que sempre me envexes.
Dígoche adeus, non quero volver a verme, terei que irme, porque non me
aturas máis. Non chores, no fondo sentes o mesmo. Sempre viviches do
conto, sempre estiveches tralo espello. Ti e eu, eu sen ti, o mar sen
aloumiños. ¿Somos incompatibles? Non. ¿Somos opostos? Non. Non é
posible. Eu creeite, irmán, e creeite á miña imaxe. Non lles
escoites, es así porque quixen, no te desviaches. Xa sabes que coñezo
o futuro. Créeme, si non foses así, haberíasme decepcionado. ¿Qué
sería de min, sen ti? ¿Pode existi-lo amargo si non hai azucre? Ou,
más exacto, ¿pode alguén crer que algo está amargo, se non coñece o
azucre? E, para que isto non aconteza, o azucre precisa darse a
coñecer, gustarlle a alguén, que se sinta dependente del, e transmita
esta dependencia ó resto da humanidade. Así son eu. Sen ti, sen o teu
antagonismo, non sería "necesario". Sería algo absurdo,
esquecido, sen función, sen sentido, un monicreque soterrado no caixón
das lembranzas carentes de sentimento. Estamos baixo a submisión do
cosmos. Quen non estea preparado para ser eu, non pode ser ti. Eu son
Deus, Deus son eu, todos son ti, ti es eu, non hai ningún eu excepto a
través do noso amor. Amor é todo, eu son amor, ti es amor, ti es eu,
eu son ti. Eu son o Mesías, ti es eu, por lo tanto ti, Belcebú, es o
Mesías. A sociedade es ti, sexamos un, deixa de existir, volve a ser eu
e serás libre, convértete no Mesías. Pode que sexa día despois do
serán. A natureza permanece impávida e non tes nada que temer excepto
a ela mesma, remata tódolos teus problemas. Unamos as nosas forzas pola
causa, fundemos unha nova orde social, comecemos un novo movemento
relixioso. Fixémo-lo mundo, dirixámolo entón. Eu son ti, ti es eu,
somos un ante min, ante ti, ante a nosa unión, fillo meu.
|