Bos días,
son o teu reflexo. Teu espello. Túa volta de folla. ¿Es rico? Eu son
un anaco de area cuberto de óxido de prata. ¿Es poderoso? Eu no valgo
nada, pero si que valgo para algo. ¿E ti? Pénsao. Non, non podes. Teus
ollos... non poden ver. Non teñen a transparencia dos meus. ¿Túa
muller e fermosa e querida por todos? A miña gústame e quéreme. Ela
é seu reflexo. Son unha, ante todo. Non o saben. Pero... ¿ti? ¿Somos
un? ¿Sabelo? ¿Seino eu?
A xente
valórate polo que fas, a min valóranme polo que son. Teus traxes de
Armani, teu reloxo Viceroy e a túa gomina Longueras son probas do teu
triunfo, o escaparate dun ser sen baixóns, con baixezas, con tesón,
sen piedade, conxuntado na cadea de montaxe da vida, comezando dende
abaixo, con agarimos e libacións, seguindo coa dedicación no suborno e
culminando a túa fazaña cos asasinatos.
Ti es real,
vives no mundo. Os diarios, a telebasura, La Farola, os partidos de
paddle, Tamara Seisdedos... todo forma parte do real. Eu vivo oculto nos
soños, na ficción, na irrelevancia xerada polos avatares da
inmundicia. O Licor del Polo e o xabón Magno son os únicos que buscan
denotar de pulcritude o meu mundo. O Herbal Esences da túa muller é a
coreña onde soño pousa-lo meu canón, a miña única razón para
continuar este tedio. ¿De qué me serve seguir así? ¿De qué me vale
se-lo espello cos mellores valores morais? Ó igual que aí, isto é un
impedimento para seguir escalando, pero vese de modo directo. Cuanto
mellor son, máis fracasei contigo.
Pero vivo. E
o fago porque isto é un soño. E... ¿Que son os soños? ¿Unha
ilusión? ¿Unha farsa? Non. Só é unha aliteración. Un sinxelo
desorde da realidade. Un pouco de acá, ponse acolá e... ¡Zas! Todo
troca. ¿Fodes a túa muller? Iso crees ti. Ela fode a Enric. Si, Enric.
Cando a fodes, ela xeme ó oído del, sona a súa brisa por enriba do
ruído. Pero non a oes. Nin ela tampouco. Porque non o fode no teu
mundo. É no meu. O dos soños. ¿Que é real? ¿Os soños? ¿A túa
verdade? Non, é máis fácil. Facedes un trío, solo que ela é a
única que o sabe, aínda que non o acepta, e o nega. Se o nega.
¿Ónde vou?
Á miña razón de vivir. Isto é desorde, e eso desorde, depende de que
ollos sexan el obxectivo. Pois ben, debes saber que o desorde é a orde
no serán dos soños. Ambos sinistros vericuetos de baleiro coexisten
onde se separan. Non existen dous camiños, dúas realidades, senón que
hai unha roda de matices, unha gama de grises que forman a gran roda da
vida vertendo as súas sensacións, sentimentos, experiencias e xemidos,
as súas amarguras, despeitos e prantos nun aro translúcido que
expándese cara o infinito ó tempo que se contrae cara o ínfimo. Vivo
porque eu son ti, ti es eu, somos un e somos todos, coma Enric. Somos
Gila, somos Franco. Somos Balzac e somos Petrarca. O teu éxito é o meu
fracaso. A túa ruindade e a miña benevolencia, o teu talante é a
miña fervorosa ira. Agora decide, decide cal é a túa meta, non o teu
propósito. Se ves un camiño ou un final. Se vives ou deixas vivir. Se
somos todos Deus, ou cho negas.
|