Prostituta

Charbonnier

n2charbonnierprostituta.html

Lasciva, triste sombra,
que buscas moribunda
a paz.

Esperpento dos horrores,
lánguido xemido dos ladróns
da virxindade.

Diccionario sen palabras,
sol promiscuo de medianoite
e dun vaso de cristal.

Mucama escrava de Xehová,
que vai lavarlle a roupa
á casa de Satán.

Proxector de espectros macizos,
ollo que todo o sinte
e que nada verá.

Observa, leda, pola ventá,
que afasta soños e desgracias
deixando a realidade.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega