Clave de sol

n3clavedesolsentitulo.html
              [..] 
As ruas son os escenarios
das nosas representacións
variadas obras teatrais
ás que todos temos acceso,
e sen pagar un can
parece inclible, pero é así,
ninguén quere asistir.

As ruas, cheas de mouros ocos.
A luz do día, o silencio da noite...
A esquerda, a dereita...
Flotando no ar...

Miran de reollo
por non querer mirar.
Ninguén quere saber a realidade
fanse cegos ante esa cruda palabra.

Rincóns infrahumanos
que están aí
rozando as nosas vidas
coas suas mans sucias e frías.

              * * *
Sabes que o mellor
da vida é...
que o que sento
por ti é...
que se morro algún día
non chorarei,
que se perdo o sorriso
non terei medo,
que se berro de angustia
péchase a lúa,
que os teus beizos
son bágoas de lava
que queiman a pel,
se me achego ó teu lado...
nada, e nada.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega