BVG Voltar atrás |
Dúas nais e dúas fillas Van á misa con tres mantillas E cada unha leva a súa
Dúas nais e dúas fillas
Van á misa con tres mantillas
E cada unha leva a súa.
En días coma hoxe
A espera faise longa.
As pingas de chuvia son mundos no cristal.
Emocióname a túa cabeza boca abaixo.
Pero asústame este cristal mollado
Que nos envolve a dous.
En días coma hoxe
A preguiza non me derrota
E a poesía sae.
Nai:
Non podo evitar verte azul.
Cando bailas para compracerme
E lle rezas ao teu Deus
Para que nunca me sinta orfa.
Nai:
Hoxe entrou a primavera.
Chegou rota. Marrón. Atlántica.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |