Sen título II

Crecarey

n2crecareysentituloII.html

A muller sabia observa o mundo
dende o cume das súas pestanas.
Con sutilísimas e firmes "medidas"
caídas das pálpebras,
marca o ritmo narrativo,
sitúa os personaxes
en cadansúa estancia.
A muller poeta
ten escuálidas mans brancas,
diminutas mans tenaza
con que debulla no aire
as túas palabras.
A muller misterio,
coas súas pupilas faca,
reparte os seus implacables veredictos
dende o silencio da súa boquiña pintada.
E sempre parece cansa,
a muller sabia,
coa súa expresión láaaaanguida.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega