CÓMPRE facerlle o boca a boca a agoniante luz
Aquela que ancorada nas somnámbulas imaxes
publica tristes panfletos ata convertelos en
longos best sellers
Devorados logo sen prospecto polos adictos
que viven a expensas de estrañas divagacións
e as palabras ensaríllanse ao pescozo coma
serpes
mesturadas no sangue como a droga máis dura
Honestamente, a vea non pode coa dose
xiringas baleiras aparecen nos diccionarios
como sinónimos de derrota
Copropietarios de argumentos, vencellados aos
reality show
citan que a morte polo pouco, supera dez cifras
Unha negrura intensa apodérase dos momentos
Hai cadáveres deambulando ao teu carón
nas frías rúas
E de mañá, inconscientemente abres o xornal e les
cronolóxicas
É terrible
No entanto, na cidade aberta ao desánimo
tódolos reloxos advirten
que non hai tempo
|