"Quizais só fixese falta un xesto"

Dade

n2dadequizais.html

Quizais só fixese falta un xesto.
Nada máis, só un xesto,
un aceno claro e sincero.
Sábelo facer, seino.
Non preciso palabras,
non quero un «quérote»
non quero un «gustasme»
Quero un bico,
un chisco dun sorriso,
unha mirada de esguello
... algo que nunca será pra min!
Caerei no tópico, si ...
«soñar é de balde».


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega