Sen título II

Dade

n2dadesentitulo2.html

Os meus soños excédense.
Non sei escribilo,
fáltanme as palabras.
¿Por que soño o que non pasará?
Só me fai mal.
Non podo quitalo da cabeza.
Dinme que busque outro,
xa o topei, pero ...
el sigue aí, sempre.
Non me quero enganar,
non o quero enganar a el,
é demasiado bo.
¿quero un remuíño pra sempre.
ou unha raiola un chisco?
Só me din ¡ATACA!
Non é tan sinxelo.
¿E se me fago mal?
¿E se lles fago mal?
Dóeme a cabeza.
Non quero durmir.
Os meus soños excédense.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega