Dez do dez

Dapedra

Dez do dez

    
Dez da mañá do dez do dez,
o son do reloxo peta na beirarrúa:
tacón... con... tacón...
Protesta a cada paso cada pé,
escravos dos minutos e das horas
pensa o que pensa facer:
¡viaxarei!
Pero o bo traballo, ¿qué é?
O son do reloxo no peito:
amor por... amor por...
I é dez do dez outra vez,
como cada día,
o son do reloxo nos pés:
vou vou... vou vou...
     Canto tempo no traballo...
¿¡a qué agardo!?
Miña vida, miñas horas,
¿de quen son?, ¿pra quen son?
¿Cal é aquel traballo bon?
Outro dez do dez, ¿cantos verei?
A víspera da morte, ¿traballarei?
     ¿Ou é festivo?
¿Poderanme soterrar
ou terei que ir traballar,
ainda morto, o dez do dez ?


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega