BVG Voltar atrás |
n3diegotaboadadeusarazon.html
Busco palabras que sexan música; armonía
preestablecida da esperanza e da
traxedía humana.
Verbas dun "eu" que busca un "nós"
perdido na cultura do medo e da
resignación cotidiana.
Deus: eterno retorno dos "humillados e ofendidos",
cortina enganosa do "progreso"; !escoita ás voces
do pasado... á confusa melodía dun futuro
non conquistado pola "deuza razón" dos
homes!
.... e dálle-los azos que a súa razón non atopa.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |