BVG Voltar atrás |
n3diegotaboadaclaveamante.html
Arrogante e inofensivo, como a rabecha
dun neno descontento.
Teimudo, caprichoso e insistente, como
un desexo incumprido.
Amante incondicional... sen celo posesivo.
Eiquí, neste cantil fisterrán, chanto os meus pés
négome a ser un cosmopolita sen amante.
Vós faládesme de nacions... en clave de turistas
i eu fálovos da miña... en clave de amante
sen celo posesivo.
Así é o meu patriotismo.
¿Non o entendedes?: tanto mellor
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |