BVG Voltar atrás |
n3diegotaboadaestranxeiro.html
Na soidade e na quietude desta
vila chairega, sentíndome un
estranxeiro... un ser sen
identidade.
Do campo á cidade, e da cidade
ao campo, buscando lugares
pra acougar esta arela, esta
sede de amar
(porque só cando amo, acougo)
Do campo á cidade, e da cidade
ao campo, buscando lugares
nos que se practique o "nós"
(Porque só así, acougo)
¿Onde estás, Galicia?
Ónde estás...
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |