BVG Voltar atrás |
n3diegotaboadamortevida.html
Despertaron, de novo, tódalas bagoas
non choradas, tódalas inxurias caladas
tódolos recordos afastados, desta memoria
de idealista incansábel.
Despertaron tódalas emocions sublimadas
desta mal disimulada timidez, tódalas
verbas de amor gardadas, tódolos
desexos estériles.
Chorando de anguria, nun "rictus" de
morte e vida... que só durou cinco minutos.
Así morremos, así nacemos, no eterno retorno
do cancro que supón, ás veces, a existencia.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |