BVG Voltar atrás |
n3diegotaboadamortos.html
Non me molestedes con historias
de mortos, nin pasados gloriosos
que "hai que recuperar"
Non disimulede-lo cansazo
con romántica melancolía
ou historias de glorias
xa ocorridas.
Pasear por rúas... onde as
estatuas falan, e os homes
calan, non é meu desexo.
Porque o desexo é carne e
arela do non ocorrido, e as
estatuas non son máis que
materia... inerte.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |