BVG Voltar atrás |
n3diegotaboadadeusdavida.html
Traigo palabras molladas en osíxeno, veño
das corredoiras da spranza.
Escoitei os soños dos excluídos nos bares
das cidades miseria.
Viaxei polo mundo, en busca da verdade
escondida baixo a pel de todo home
(E acheina)
Expresada en centos de linguas, en verbas
que perforan fronteiras: soño de colectiva
dignidade, en tempos de colectiva barbarie.
É o Deus da vida, ese punto no espacio e no tempo
no que a neutralidade... minte.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |