O home máis feliz do universo
Buscades no mundo, razons pra ser felices
e identificádesvos cos indiferentes, mais
non quero saber nada da vosa felicidade,
non podo ser feliz na indolencia.
Buscades o porqué das cousas que vos
pasan, cando non hai máis porqués ca
vida mesma: esa puta vella con varices
nas pernas. Imperdoábel, inapelábel.
Buscades amantes á vosa medida, amores
de seis días pra soidades de seis días, i eu
busco amar en tódalas amantes, ás mulleres
que fuxiron, silenciosas, pola porta de atrás,
sen aviso.
Fuxides da dor anestesiando a memoria, mais
eu fico na fiestra, tódalas noites, a recordar, e
cando a morte acode, pra roubarme a spranza
dígolle : "senta, temos cousas das que falar".
(E mirámonos ós ollos sen medo)
Chamádesme pesimista, porque a miña
felicidade é unha conquista, e a vosa,
un regalo a conservar. Mais, eu son o
home... máis feliz do universo. |