O amante que bica os seos nus
da amante
nunha praia de Haití; a abogada que esconde
o amor que sinte por ese home casado, nunha
cafetería de Avery Road; o neno que sente
cóxegas no estómago cando comparte o bocata
do recreo... coa rapaza loira da primeira fila; a
muller que espera a chegada dun barco que partiu
hai seis meses; o estudante que mira pola fiestra
e ansia amar co corpo.
E tí, pergúntasme qué move o mundo, i eu
contesto... todo o que sae do amante, e todo o
que loita por sair do abogado, do neno... e do
estudante
Ahí está o motor do mundo. |