Podería ser tódolos homes
do mundo
se tan só estivese seguro de selos
realmente. Por riba miña, un ceo
que dubida; por baixo... unha
terra incerta.
¡Cantos homes fun, cantos son, cantos
chegarei a ser!; a miña vida é tan só
iso: unha fuxida cara adiante, unha
busqueda constante... rexeitando o
prescindíbel.
(¿hai homes que non podan
afirma-lo mesmo?)
Non teño máis Deus ca o entusiasmo
nas tareas que o azar me encomenda;
nin máis fe cao desexo de morrer farto
de vida.
¡Dádeme dores a moreas, dádeme praceres
efímeros desexos... ansias de eternidade!.
Dádeme o todo... pra emporcallarme de
gozo na nada; coma un porco salvaxe.
Porque só así acho sentido: creando
a partires... da nada, coma un alfareiro. |