Só precisaba iso,
unha ínfima raiola de sol que atenuara a bruma de cada pensamento, pero
non apareceu.
Recordos punzantes que terxiversaban esa
insegura realidade inundaron a miña razón. Canto máis me quería
protexer máis me perdía en min mesma, xa nada era coherente. O pasado
perdera credibilidade, e o futuro non tiña esperanza algunha á cal
aferrarme.
Simplemente pechei os ollos e berrei! Só
existia eu. Todo o demáis, un son estridente carente de sentido pero
cheo de significado cifrado baixo unha bágoa imperceptible que se nega
a sair.
Acabouse o aire, acabouse a rabia.
A miña estancia quedou anulada por un frío
vacío. Abrín os ollos, suspirei.
Para que gardar as cinzas? |