Hoxe non é un día moi especial, xa que non
nos pasou nada interesante que haxa que resaltar sobre as outras cousas.
Do que si que se pode falar é do entroido que xa rematou, por iso
levamos tantos días sen escribir nada. No noso insti poucos rapaces e
profesores se animaron para se disfrazar. Na nosa clase só dous grupos
de poucos compañeiros nos disfrazamos. Un grupo de cinco rapaces
disfrazáronse do "famoso" equipo A, un deles fixo dunha rubia
que os acompaña. E o outro grupo composto só por cinco rapazas
disfrazámonos de compresas, tampóns, a regra e unha nena moi pija.
Botámoslle todos moito peito e saímos a pasalo moi ben. Cando chegamos
abaixo había poucos rapaces disfrazados, como xa dixera antes, e
córtanos un pouco o rollo, pouco tempo estivemos disfrazados xa que
tivemos que bailar por unha actividade programada polo profesor de
música. Saínos moi ben o baile aínda que ao principio o aparato da
música non ía e o profe díxonos que por culpa dun problema non iamos
bailar pero foron uns tecnólogos e arranxárono, para a nosa desgraza,
e ao final bailamos. |