Ola, q tal? Antes de nada preséntome: chámome
Cristina e estou na clase de 1º BH, e non me gusta a asignatura de
lingua castelá!! Preguntarédesvos (se ledes isto) por que? Ou non?
Pois porque unha asignatura pode gustar máis ou menos dependendo de
quen dea a clase, e de que maneira,... por iso e outras razóns que non
vou detallar, lingua castelá, non é unha das miñas asignaturas
favoritas... mañá celebraremos o entroido... A min non me fai moita
ilusión escribir hoxe aquí, pero a verdade é que me están obrigando
a facer unha cousa que non quero, por iso non me saen ideas... a pallasa
da miña amiga, Hadriana non me está axudando nada, entón, pois eu
aquí, facendo que fago sen facer nada... je! Vouvos contar algo, meu
pai sempre nos pregunta: ademais de non facer nada que fixestes?? Unha
das frases célebres que teñen os nosos maiores que teríamonos que
enmarcar os mais novos.... moitos bicos e xa seguirei outro día, ata
sempre...!!! |