INTRODUCIÓN
Somos o
alumnado de 1º de bacharelato do IES Pintor Colmeiro de Silleda e imos
contar o noso quefacer cotián no centro. Haberá días en que non nos
chegue o tempo para contarvos todos os cotilleos que nos rodean, e
haberá outros en que os profes nos machaquen con exames e a penas
teremos tempo de escribir.
Luns 24 de Xaneiro:
Hoxe estamos
soamente 12 persoas na clase de 1ºB, xa que 11 dos nosos compañeiros
van nunha excursión en Andorra, a esquiar. Pensamos que os profes non
nos ían dar clase, pero nada! Agora mesmo estamos na clase de galego,
sempre o pasamos moi ben porque a profe (Gracia) é
superenrrolladísima. Despois teremos castelán, e con el
sintaxe...¡MALDITA SINTAXE!
Hoxe tamén tivemos historia, a min
persoalmente gústame moito. Hai unha semana veu un profesor substituto,
non quero ser moi cruel, pero, a dicir verdade, a súa voz recórdame
moito á de Mila Ximénez.
Eu son
Gonzalo, o máis preguntón de toda a clase. Gracia di que se son así
en todo... haberá que ter moita paciencia comigo. En fin, seguiremos
mañá contándovos.
|