26-01-2005
Ola a todos,
eu chámome Alicia e son da clase de 1º BC (os futuros científicos).
Estes días nos que moitos dos nosos compañeiros van de excursión son
un pouco aburridos, polo menos para min. Cando temos unha sesión libre
sempre podemos falar dos profesores, dos "marabillosos
exames", do que lemos, do que vemos na tele, do tempo en xeral...
pero cando temos moitas sesións libres o tempo convértese no noso
inimigo e non vemos o momento de chegar á casa.
Estes días
na clase de galego estamos dando o galego na época medieval, o
explendor dos séculos XII e XIII e a decadencia posterior. Éme
difícil imaxinar o galego como lingua única, literatura só en
galego... ¡Que mala sorte tivemos os galegos! ¿Por que sempre apoiamos
ós que perden?
Acaba de
xurdir un dilema en plena clase de galego sobre os papas, a igrexa... a
pregunta clave de todos ¿por que os papas non se xubilan?
|