Ola a todos!!!!
Ben, en primeiro lugar quero agradecer a todos
os nosos lectores e os non lectores tamén que sigan as nosas vidas, ás
veces aburridas e outras divertidas. Hoxe foi un día coma outro
calquera, levanteime de mala gana e ducheime como todas as mañás. A
primeira anécdota do día e que volveu a nosa ben querida titora (a
fumada) que levaba ausentada uns días, non sabemos aínda se foi que
lle deu unha branca ou se tivo unha simple gripe. En fin, á primeira
hora tivemos música con Eliseu e escoitamos música, despois tivemos
historia e escoitamos historias. Recreo, o meu ben esperado cigarrito e
os contos cos compañeiros. Supoño que a vida non é máis que rotina
diaria, todo se basea en facer o mesmo todos os días e quizais con un
pouco de sorte algun día pase algunha novidade. O día 14 de febreiro
é o día de san Valentín e teño previsto comprarlle un par de
cousiñas á miña namorada (o nome quedará no anonimato) e polo resto
non cabe destacar ningunha actividade estraña. Estamos na clase de
galego que gracias a deus existe neste instituto e que nos permite
disfrutar cando menos tres horas á semana. A ver se temos sorte e nos
le moita xente para poder presumir de algo interesante. Por certo: a ver
se nos le tamen Anxos Sumai que veu haberá máis ou menos unha semana e
que nos recomendou escribir na rede, gracias Anxos!! Despidome de todos
vos!! Ata máis ver, bicos!! |