Olaaaaaaa. Pois si, Andorra..... Paraíso
xeado! Disfrutei dunha marabillosa semana de liberación de adrenalina,
toda a túa persoa sobre dúas finas táboas pendente abaixo, só pensas
en manterte en pé, unha ventisca acariña a túa cara mentres sintes
como se van conxelando os fociños, pero ti queres embalar máis! Como
na vida, queres vivir, experimentar todo o posible, sabendo que corres o
risco de caer, e mancarte, pero cando pensas que xa non podes controlar
a situación: cuuuuuña!. As caídas danche aprendizaxe. E como en todo,
entre tanta excitación, 3 horiñas de relax, augas do inferno
rodeándote mentres unha manta de neve cae sobre ti. E ti alí
protexidiña déixaste levar pola maxia das burbullas que fan que te
perdas nos teus pensamentos, náufraga nun mundo de cores.
Fotos que protexen recordos. Unha viaxe
marabillosa, incluso o negativo é bo, unha viaxe sen poder criticar
nada perde moito. Pero si, espero que ó olvido no se apegue moito as
memorias desta viaxe, penso fixemos todo o que se pode facer nunha
semana, a eso chámase explotar a situación.
E agora, a seguir currando: a vida no centro, a
monotonía dos estudos... (relativa).
Ata mañá |