Ola, sinceiramente isto é vergoñoso, non
teño nin idea de que podo falar nin cal será a xente que lea isto.
Síntome algo ridícula polo mero feito de que o persoal poida ser
aburrido ou deprimente, pero como niso consiste alá vou...
Día catro de febreiro, venres. Hoxe os xornais
non dicían nada sobre min. Parace mentira o importante que podo chegar
a ser para algunhas persoas e a indiferencia que me demostran outras. O
impertinente cosquilleo que me percorre cando en verdade me creo o
centro do mundo e cando nos máis profundos soños me imaxino unha
futura vida perfecta. Pecho o xornal malhumorada, non co motivo de caer
na crúa realidade se non porque tan só uns minutos antes cera utilizar
a cotío o sentido común que hora tras hora pensara ir adquirindo,
dende que os meus ollos viron por primeira vez a luz.
¡Que tonta! Nin tan sequera analisara a
situación rigurosamente como sistematicamente me aprendera meu pai en
todas as leccións de ética e conciencia que se propuxera ensinarme
dende que un día lle dixen que non ía facer a cama porque de todas
formas á noite ía desfacela. Desta maneira subín apresurada as
escaleiras tentando asimilar que en verdade dentro de 150 anos tal como
agora existo o deixarei de facer. É triste porque xa non é a primeira
vez que escoito iso de "penso logo existo", estou segura que
algunhas veces para pesar dos que me rodean penso, mais algún día
ninguén me recordará, dúbidas existenciais, diríame algún gran
filósofo, cos anos a madurez chegará levándose coa súa chegada todas
estas preguntas. Eu polo momento vouno levando suspirando e pechando os
ollos, non sei se é o mellor, pero é o único que se me ocorre, espero
que para o ano o acadar a maioría de idade e o dereito a voto esta
chegue e poida seguir existindo e desaparecendo como todos os demais. |