Os deuses esquécense de nos,
dende a fría indiferenza do seu cumio,
dende o asolagado cuarto no que fabrican
os soños.
Fai tempo que chove.
O sol non deixa de queimar as nosas rúas.
Apértannos con forza as gorxas
e os beizos
Mañá cedo volverei petar na túa porta,
mais xa non oirás meus berros de dor.
Xa non son o neno que choraba para mamar,
agora collo o meu, ¡esixoo!
Logo de camiñar pola túa verea,
logo de ollar para ti cos ollos pechados,
logo de partires as miñas costas,
Aquí me tes de pe.
Regresei, e non marcharei de novo
por camiño de bágoas
e sangue.
Teño as mans e o alma de cor negro,
do negro do teu interior podre,
do negro do teu medo.
Non quero que sexas a nai agarimosa
que coa man acaricia
a miña cabeza oca.
Vexo ó lonxe, onde o mar,
un horizonte azul e branco,
de esperanza e soños
o meu horizonte,
noso horizonte.
Do meu pobo ceibe.
|