Breixo era un roedor, ou sexa, un rato. Era un
rato pequeno. Vivía nunha casa moi grande, rodeada de xardíns con
árbores frondosos, prados verdes e moita herba.
O seu cuarto atopábase na cociña, xa que era
o lugar máis confortable da casa. Os donos non o molestaban e el
procuraba non andar polo medio, nin roer os mobles e as paredes. A súa
cama era unha caixa de zapatos cun recheo de papel, para facela máis
cómoda.
Tódalas mañás, Breixo levantábase moi cedo
para ir buscar comida. Non era difícil, xa que había moitas árbores
de froita e, como había animais de granxa, sempre sobraba un pouco de
penso que Breixo recollía e gardaba na súa despensa.
Moitas veces, Breixo xuntábase con outros
animais do campo que andaban a procura de comida. Eran momentos moi
agradables xa que todos eran amigos.
Alí podíamos ver á pomba Lola, que era un
ave moi fermosa, branquiña coma a neve; era a mellor amiga de Breixo, e
moitas veces levábao dar unha volta, voando, sentado no seu lombo.
Tamén estaba o corvo, Negro. Era un corvo moi grande, impresionante,
todo de cor negro, de aí o seu nome. Incluso había algúns gatos. Non
tódolos gatos son inimigos dos ratos, de feito estes eran bos amigos de
Breixo.
E vos preguntaredes unha cousa: "¿onde
están os outros ratos? ¿E que Breixo non ten familia?"
Pois si que ten, e a verdade é que vivían con
el ata fai pouco. E esa é a historia que vos quero contar.
Xa dixen que algúns gatos eran amigos dos
ratos; pero non todos. E algún deses gatos que non son amigos dos
ratos, viñeron vivir á casa do campo.
Dende o principio dedicáronse a facerlle a
vida imposible a tódolos ratos. Por iso decidiron marchar de alí.
Todos menos Breixo, que era moi valente, e non quería deixar a súa
casa e os seus amigos.
Un día, cando Breixo foi estar cos seus amigos
atopounos a todos moi nerviosos.
"¿Que foi ? ¿A que veñen estes
berros ?" Preguntou Breixo á pomba Lola.
"Están a montar unha tenda na granxa. É unha tenda de doces e
caramelos. Vai ser unha tenda moi bonita, e poderemos ir alí a xogar; e
hasta haberá baile"dixo Lola
"¡Vaia!"dixo Breixo cos ollos moi abertos "Por fin
hai un lugar onde podemos ir xogar."
"Si, ímolo pasar ben bailando todos xuntos"Contestoulle
Lola, nerviosa"Non sei si aguantarei ata mañá, que é cando
abrirán."
O día seguinte tódolos animais da granxa atopábanse diante da tenda
nova. Todos eles coas súas mellores roupas e xoias. Incluso viñeran
animais doutros lugares.
Na porta estaba o corvo Negro, que era o encargado de deixar pasar á
xente, e o que coidaba que non houbera ningunha pelexa. Cando chegou á
porta, Breixo estaba moi excitado e desexando entrar. Entón o corvo
Negro cruzouse no seu camiño.
"Síntoo Breixo, pero non podo deixarte entrar"e sinalou un
cartel que se atopaba na parede." Prohibido o paso ós ratos"
dicía o cartel.
Breixo quedou abraiado "E isto, ¿ que é ?"preguntoulle a
Negro.
"Os meus xefes dixéronme que non deixara pasar ratos"díxolle avergonzado o corvo.
Breixo enfadouse "¿Quen son os teus xefes? Quero velos agora
mesmo."
Entón apareceron os gatos malvados que viñeran de fora.
" Os xefes somos nós, e non nos gustan as ratas dos
sumidoiros."
Breixo virouse vermello ata as puntas dos bigotes, e dixo con
rabia: "¡Eu non son unha rata de sumidoiro! ¡Son un rato de
campo!"
Os gatos ríronse del "Ben, tanto nos dá, pero non entras."
Os seus amigos mirárono con mágoa. "Sentímolo Breixo, pero non
podemos facer nada"
Entón Breixo quedou fora da tenda.... só. Dentro escoitábanse as
gargalladas dos seus amigos que andaban a brincar e bailar. Sentíase
traizoado por eles. Deberían ter quedado con el, e non entrar na tenda.
Iso non eran amigos.
Despois de quedar un anaco alí , foise. Estaba triste. Sobre todo, por
non poder estar cos seus amigos.
Cando xa levaba tempo paseando, escoitou unhas risas. Achegouse e puido
ver os gatos que andaban a falar entre eles. Quedou alí para oír o que
dicían.
"Foi boa idea a de roubar os ovos das galiñas e escondelos na
tenda; así cando os donos da casa os busquen atoparan alí a tódolos
animais, e lles botaran as culpas do roubo" dicía o mais vello.
" Si, así non deixaran que os outros animais veñan pola granxa,
e nós quedaremos con toda a comida" respondeulle outro.
" O que non entendo e porque non deixamos entrar o rato; senón
está alí, librarase do castigo". Entón o vello, que era o xefe
contestoulle: " Porque ó rato quero castigalo eu. Vaise acordar de
min"
Breixo comezou a tremer de medo. Non por el, senón por que botaran de
alí os seus amigos.
Correu todo o que lle permitiron os seus pés para chegar a tenda antes
que os donos.
Cando chegou contoulle a Negro todo o que lle escoitara dicir os gatos.
Breixo non mentira nunca así que Negro foi avisar ós demais para que
fuxiran de alí.
Cando todos estaban fóra, Breixo dixo "Teño unha idea. Lola vai
xunta dos gatos e lles dis que vos botaron a todos da granxa. E tamén
que agora quedei eu só na tenda"
Lola fixo o que lle dixo Breixo. Os gatos correron para cazalo na tenda.
Cando chegaron alí non había ninguén.
Pero xusto cando estaban a buscar a Breixo entraron os donos da casa. O
que atoparon foi os gatos naquel cuarto no que tamén estaban os ovos
que desapareceran.
Os donos escorrentaron os gatos da granxa e os demais animais quedaron
todos felices. O primeiro que fixeron foi unha gran festa na tenda para
homenaxear o seu heroe: o pequeno rato Breixo.
|