BVG Voltar atrás |
Respirei os zumes todos deses tempos dourados e escollín a memoria por ilícito presente
aboio no linde da pompa de lava laranxa
tan arqueada
enfariñada nos poros de lobo
gutural adagio estouro adentro
e a lámpada tan branquísima?
na humidade
as cousas exactas nos arquitrabes
da memoria e degoxo do lúpulo erotizándome narcisista
o teu amor é unha rubideira
habitándome nos lindes da metáfora
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |