BVG Voltar atrás |
n2flowerdeathencerrada.html
Porque non quero palabras necias
nin oídos xordos
Ando coas tetas altas
e a cabeza aberta.
Porque quero loita e victoria.
Porque quero arrecender a infindade do sangue bendito
encérrome e escóitome a min mesma.
Fuxo do mundo noxento
mundo noxento
mundo noxento
e observo de lonxe as tartarugas
que non deixan de ser burato quieto.
Logo quero chiar
pero sei que ninguén oe...
os meus chíos necios
só van a oídos xordos.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |